Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2022 | Actualizada ás 19:45
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da cidade de Ourense acolleu este mércores a presentación da 55 edición do Rally de Ourense, unha edición especial por ser a primeira que se celebrará con absoluta normalidade tras a pandemia, pero tamén por ser a primeira vez que se inclúe no seu trazado un tramo 100% urbano pola cidade das Burgas.
O evento, puntuable para o Super Campionato de España de Rallyes, celebrarase entre o 17 e o 18 deste mes de xuño, ao regresar ás datas de sempre e recuper tamén o parque pechado, porque volverá estar situado no seu lugar orixinal, o parque de San Lázaro da cidade. Ademais, volverá o recentemente restaurado Alpinche de Estanislao Reverter.
"Trátase dunha magnífica iniciativa por recuperar a esencia e a alma do rally", enxalzou o presidente provincial, Manuel Baltar, en referencia á recuperación de datas e lugares orixinais da competición que el mesmo describiu como "un proxecto de todos e un emblema que supera os límites da provincia, de Galicia e mesmo de España".
Precisamente a estas palabras uniuse o rexedor municipal de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tamén presente no acto, quen afirmou que "será o mellor Rally da historia cun espectáculo que reunirá miles de persoas, tendo unha enorme repercusión", algo que se ve favorecido "ao coincidir por primeira vez coa liña do AVE en funcionamento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.