O BNG propón un "plan transversal" de goberno na Xunta para apoiar empresas de economía social

A economía social xera en Galicia máis de 25.000 empregos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/06/2022 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou este venres a sede de Coregal, do grupo Galega de Economía Social, para coñecer o traballo desta entidade e interesarse pola situación das persoas con discapacidade. No marco desta iniciativa, propuxo un "plan transversal" de goberno na Xunta para apoiar as empresas da economía social. Tamén defendeu que Galicia aplique o 50 por cento de reserva de contratos públicos para as entidades deste sector na xestión de residuos de téxtil e voluminosos, en trasposición á normativa estatal.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, visita as instalacións de Coregal
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, visita as instalacións de Coregal | Fonte: Europa Press

Pontón puxo en valor o traballo de Cogami. "O seu traballo é importante para darlle dereitos laborais ás persoas con discapacidade, contribuíndo tamén a construír unha sociedade e unha Galicia máis xusta, demostrando a capacidade, viabilidade e bo facer das empresas do sector", destacou Pontón.

A líder nacionalista, que ademais de Coregal tamén coñeceu a situación da empresa Trameve, destacou que estas entidades "ofrecen servizos de calidade e rompen con moitas barreiras, demostrando o seu potencial económico e de integración".

A economía social xera en Galicia máis de 25.000 empregos e representa un modelo polo que hai que apostar, sostén o BNG, nun mundo que avanza cara a unha sociedade na que aumenta a "desigualdade, mentres que a economía social ofrece a alternativa contraria, con empresas comprometidas, que reinvisten no país e que, querendo ter beneficios, non é o seu principal obxectivo, senón que apostan pola igualdade, conciliación e pola integración e un modelo máis xusto".

A líder do Bloque pide ao Goberno da Xunta un plan transversal para a economía social, en que se "impliquen todas as consellerías para empuxar o desenvolvemento das empresas". Outra medida é a reserva dos contratos na reserva de contratos, porque a economía social é "futuro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta