Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2022 | Actualizada ás 14:54
A Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega inauguraron este luns a exposición 'Sen Cancelas', unha iniciativa divulgativa sobre a evolución histórica do movemento LGBTI que percorrerá diversos centros educativos galegos.
"A exposición nace para dar a coñecer sen prexuízos nin estereotipos a historia do colectivo en Galicia", afirmou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lourenzana na inauguración do proxecto no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Acompañada pola presidenta do CCG, Rosario Álvarez, Lourezana indicou que a mostra 'Sen Cancelas' permite unha "visión mundial" dos feitos lexislativos "máis relevantes" para "afianzar" a liberdade do colectivo.
Neste sentido, a conselleira lembrou que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en contar cunha Lei que garantise a igualdade de trato do colectivo LGTBI. "Loitas contra as desigualdades e garantir os dereitos de todas as persoas é unha obriga de calquera sociedade democrática e tamén un imperativo legal", aseverou Lourenzana.
A exposición terá un carácter itinerante, polo que percorrerá diversos centros educativos de Galicia. Lourenzana sinalou que para afianzar os dereitos das persoas, "son necesarias leis, pero tamén conciencias libres e informadas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.