Chaman a unha manifestación anti-OTAN en Santiago e critican o apoio a Ucraína

O Encontro Galego contra o Cumio da OTAN di que a axuda militar que recibe este país invadido por Rusia debería ir a "prioridades de carácter social".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/06/2022 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O Encontro Galego contra o Cumio da OTAN anuncia unha concentración Praza do Toural de Compostela o vindeiro día 18 de xuño ás 12:00 horas para protestar por esta xuntanza da Alianza Atlántica en Madrid. 

OTAN
OTAN | Fonte: arquivo

Nela, darase lectura a un manifesto de apoio á contra-cimeira e Gran Manifestación que se

desenvolverá en Madrid o día 26 diante do Cumio da organización militar atlantista previsto para os días 29 e 30. "Neste contexto de escalada bélica e anuncio de incremento do gasto militar dos estados europeos é máis preciso que nunca a mobilización social, xa que máis alá dos riscos para a Paz evidentes, e as consecuencias políticas e económicas que estamos vendo, resulta especialmente inquietante o aumento drástico do gasto nos orzamentos, pola esixencia da OTAN en tanto brazo armado no imperialismo norteamericano", denuncia a entidade nun comunicado.

Así, critica que ese diñeiro público, "que podería ir destinado a infinidade de prioridades de carácter social", vai para "alimentar a Guerra en Europa", en alusión ao apoio da OTAN a Ucraína tras ser invadida militarmente por Rusia.

"Facemos un chamamento á sociedade galega para que se informe e se active. Tamén a que se implique nas actividades que os distintos comités e organización están desenvolvendo en

distintos puntos do país e do estado español", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Paréceme que a sociedade galega vai pasar moito deso. Xa poden facer todos os chamamentos que sexa, que é igual. So lles falta dicir que a OTAN invadiu Ucraniia.