O Festival Acento celebrará este martes o Día da Música con Caamaño & Ameixeiras, Momboi e Coolnenas DJ

A segunda edición de Acento, de entrada libre desde o parque Vista Alegre de Santiago, dará comezo ás 19,30 horas deste martes coa actuación do dúo Caamaño & Ameixeiras, exemplo da renovación da música de raíz.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2022 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

A terraza da sede da Fundación Sgae en Santiago será, na tarde deste martes, o escenario da segunda edición Festival Acento, que conta co apoio da Xunta de Galicia para a conmemoración do Día Europeo da Música, e no que actuarán os galegos Caamaño & Ameixeiras, Momboi e Coolnenas DJ.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, interveu este luns na presentación do cartel xunto aos representantes da organización, aos que felicitou pola continuidade desta iniciativa para a posta en valor da música galega e en galego. Este ano, ademais, o evento inclúese nas actividades conmemorativas do 25º aniversario da Fundación SGAE.

A segunda edición de Acento, de entrada libre desde o parque Vista Alegre de Santiago, dará comezo ás 19,30 horas deste martes coa actuación do dúo Caamaño & Ameixeiras, exemplo da renovación da música de raíz.

A fusión popular de Momboi soará na terraza da Sgae a partir das 20,30 horas, coa súa mestura de folk, rock, ritmos latinos e tradición galega. Pechará esta celebración a sesión que ofrecerá ás 21,30 horas Coolnenas DJ.

Presentacion do Festival Acento.. XUNTA
Presentacion do Festival Acento.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta