A maioría de afogamentos de nenos en Galicia ocorren en piscinas sen supervisión, segundo un estudo

Neste traballo, informou a Universidade de Santiago nun comunicado, participa persoal investigador da USC, UVigo, Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e das universidades de Oviedo e Barcelona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2022 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

A maioría dos afogamentos en nenos en idade pediátrica en Galicia ten lugar en piscinas e débese á falta de supervisión, segundo un estudo que conclúe que o colectivo máis afectado son os menores de catro anos.

Neste traballo, informou a Universidade de Santiago nun comunicado, participa persoal investigador da USC, UVigo, Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e das universidades de Oviedo e Barcelona.

Entre os anos 2006 e 2020, os servizos de emerxencias sanitarios atenderon en Galicia cen episodios de afogamento de nenos e mozos en idade pediátrica, de entre 0 e 14 anos, dos que practicamente a metade correspondía a menores de catro anos.

Un 46% destes incidentes, sinala o estudo, non tiveron lugar en praias ou ríos, senón en instalacións acuáticas como piscinas particulares e no 55% dos casos tiveron como principal causa a falta de supervisión, xa que os menores, engade, "atopábanse en soidade" cando sucedeu.

REXISTRO OFICIAL

O persoal investigador explicou que "non hai rexistro oficial de afogamentos en Galicia", a pesar de que a investigación permitiu detectar un centenar de episodios de afogamento de menores de ata 14 anos neste período, o 9% con consecuencias mortais, "a realidade ten que ser moito maior", abundou.

O estudo susténtase, engaden, "na análise casos por caso" das asistencias codificadas polos servizos de emerxencias sanitarias como "afogamentos, caso afogamento ou afogamento mortal", xa que é un proceso, aclaran, "polo cal a aspiración de líquido desencadea unha hipoxia sistémica" que "non ten por que ter como consecuencia o falecemento".

No entanto, quedaron fóra de análise, por falta de datos, engaden, aqueles casos que "foron derivados á Cruz Vermella ou Protección Civil" ou nos que as vítimas, abundan, foron trasladadas en vehículos particulares. "É unha epidemia descoñecida e estamos a observar que é máis epidemia do que parecía", sentencia o persoal investigador.

Piscinas do Parque Monte do Gozo .. XUNTA - Arquivo
Piscinas do Parque Monte do Gozo .. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta