Pereiro de Aguiar acolleu o Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 16 e Sub 20 de atletismo

Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/06/2022 | Actualizada ás 22:16

Comparte esta noticia

Pereiro de Aguiar acolleu o Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub16 e Sub20. Un importante número de clubs e de atletas participantes tomaron parte nesta edición que foi vivido e disfrutado de maneira moi intensa por todos os asistentes.

Sub 16
Sub 16

A xornada da mañá que estaba reservada para o Campionato Sub16, viu o triunfo dos equipos do Atletismo Narón na categoría feminina e do Real Club Celta na masculina nun encontro moi igualado na que as diferencias non foron máis alá dos cinco puntos. Completaron podio as formacións do Celta e Gimnástica en mulleres así como novamente novamente e Millaraio na masculina.

Destacaron a nivel individual os triunfos de Valeria Iglesias do A.F. Celta quen se impuxo na lonxitude e nos 100 m. e de Antía Otero do Atletismo Narón quen fixo o propio sobre  peso e xavelina

Na xornada de tarde e xa cos Sub20, o título de campión galego foi na categoría femenina para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra sendo a masculina para o Real Club Celta, reeditando deste modo os títulos logrados o ano pasado. Xunto eles estiveron en zona de podio o Ría Ferrol e ADAS CUPA en mulleres e así como as formacións do Marineda Atlético e Atletismo Sada na masculina.

A nivel individual destacaron os dobres triunfos de Eric Méndez do Real Club Celta en peso e martelo; Manuela Raviña do Atletismo Santiago nos 100 m. e na lonxitude e Belén García do ADAS CUPA quen dobraba nos 100 valos e 400 valos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta