Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 30/06/2022 | Actualizada ás 16:09
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, cualificou de "positivo" que Estados Unidos permitise o acceso ás redes sociais dos investigados polo crime de Samuel Luiz, ocorrido en xullo do ano pasado na Coruña.
Miñones lembrou que esta foi unha das cuestións nas que se centrou a investigación, pero que a autorización correspondía á xustiza de Estados Unidos.
"É un novo avance, todo o que sexa avanzar é positivo para a investigación", dixo o delegado do Goberno. "Necesitamos ese acceso a redes sociais para comprobar todo o ocorrido e pechar a parte da investigación", engadiu Miñones, que tivo palabras de recordo para a familia de Samuel.
Por este crime, están condenados dous mozos que eran menores no momento dos feitos e que aceptaron unha pena de tres anos e medio por asasinato. Outros cinco adultos --tres en prisión e outros dous, unha muller e un home, en liberdade con obrigación de comparecencias xudiciais--, foron tamén detidos tras os feitos. Fiscalía e acusacións considéranos autores dun delito de asasinato.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.