Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 01/07/2022 | Actualizada ás 18:58
A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual (ALAS) A Coruña organizou para este sábado unha vixilia en recordo de Samuel Luiz, asasinado o 3 de xullo do ano pasado tras unha malleira nas inmediacións do paseo marítimo.
A vixilia terá lugar ás 18,30 horas, na avenida de Buenos Aires, preto de onde se produciu a agresión que acabaría coa morte do mozo, de 24 anos.
No seu recordo e no de "outras vítimas da LGTBIfobia", gardarase un minuto de silencio e farase unha ofrenda floral no lugar onde ocorreron os feitos.
Desde ALAS A Coruña faise fincapé en respectar a "dor e a intimidade" da familia de Samuel Luiz e dos seus achegados. Tamén pide ás administracións "valentía" para lograr a "igualdade real" do colectivo LGTBI.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.