Por Europa Press / Redacción | Ourense | 01/07/2022 | Actualizada ás 19:58
Dous nenos resultaron feridos leves ao saírse da vía o coche no que viaxaban e chocar contra outro vehículo estacionado en Petín (Ourense). Os menores foron evacuados ao centro hospitalario de referencia.
Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 16,15 no lugar de Freixido de Abaixo. A esa hora, unha persoa particular chamaba para avisar deste sinistro.
Seguidamente, a central de emerxencias pasou o aviso a Urxencias Sanitarias-061, aos Bombeiros, ao GES de Valdeorras, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.