Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 05/07/2022 | Actualizada ás 09:00
Na conta atrás para a celebración da XXIII Feira do Viño de Valdeorras, días 9 e 10 de xullo, vense de coñecer a persoa encargada de facer o pregón. O escollido é Fede Pérez, coñecido actor e humorista galego, moi destacado o pasado ano polo seu papel na comedia 'Cuñados'.
O pregón será o vindeiro sábado 9 de xullo ás 13:00 h. na Praza de Viloira no Barco de Valdeorras.
Federico Pérez Rey, coñecido artisticamente como 'Fede Pérez', e un rostro moi recoñecido na Televisión de Galicia dende hai anos pois ten participado en numerosos programas e producións de ficción como, por exemplo, Mareas vivas, Padre Casares, Era visto! ou Libro de Familia. Sen esquecer a súa presenza habitual en películas como Mar Adentro, Retornos ou recentemente Cuñados.
García Pando, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, dixo que a elección de Fede como pregoeiro vén dada en gran medida por terse pronunciado publicamente como "afeccionado ao viño" e por facer gala sempre dun humor "único e singular" que fará pasar "un rato divertido aos veciños e veciñas da comarca que se acheguen ata o acto inaugural da Feira".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.