A Xunta quere que bibliotecas, arquivos e museos sexan lugares de conciliación este verán

É unha iniciativa recollida no Plan Correpsonsables 2022, pola cal se desenvolverán actividades dirixidas a mocidade de ata 16 anos nunha ducia de espazos culturais da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2022 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

A Xunta puxo en marcha o Plan Corresponsables 2022 co obxectivo de ofrecer alternativas de conciliación ás familias a través de actividades en bibliotecas, arquivos e museos de xestión autonómica. A iniciativa foi presentada este luns na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Este proxecto permitirá desenvolver actividades de conciliación dirixidas a mocidade de ata 16 anos nunha ducia de espazos culturais da Xunta, entre as que se atopan seis bibliotecas, tres arquivos e tres museos. O titular de Cultura destacou que estas actividades van posibilitar "darlle un novo cariz e achegar un servizo innovador" a estes lugares e, ademais, permitirá "conciliar e posibilitar que os nenos que participen poidan ter unha experiencia e un desenvolvemento educativo" en sitios como as bibliotecas.

Así mesmo, asegurou que xa chegaron moitas demandas polo que sinalou que "hai que seguir pensando neste proxecto e mesmo amplialo".

CONCILIACIÓN

Pola súa banda, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade mostrouse convencida de que a igualdade efectiva debe pasar necesariamente por accións como esta de "sensibilización e educación". Para esta iniciativa, impulsada no marco dun convenio de colaboración entre ambas as consellerías, a Xunta destina case 270.000 euros. Nesta mesma liña, Lorenzana subliñou que a administración autonómica destina este ano 16 millóns de euros a promover a conciliación.

Entre outros proxectos, a conselleira mencionou os programas para apoiar a 12.000 familias con menores de 16 anos ao seu cargo a través de bolsas de coidado profesional en colaboración con concellos, Anpas e entidades de iniciativa social ou axudas para a redución de xornada laboral.

En todo caso, Lorenzana remarcou que "as mellores políticas de conciliación pasan porque as nais non teñan que abandonar o mercado laboral", xa que, engadiu, "a maior dificultade atópase en que as mulleres deixan as carreiras profesionais paradas ou reducen os seus horarios e iso fai que queden fose do mercado laboral e, por tanto, non poidan competir cos homes porque non teñen a mesma experiencia".

O conselleiro de Eduación, Román Rodríguez, e a conselleira de Promoción do Emprego, María Jesús Lorenzana, presentan o programa que se desenvolverá en bibliotecas, museos e arquivos no marco do Plan Corresponsables.. XUNTA - ANA VARELA
O conselleiro de Eduación, Román Rodríguez, e a conselleira de Promoción do Emprego, María Jesús Lorenzana, presentan o programa que se desenvolverá en bibliotecas, museos e arquivos no marco do Plan Corresponsables.. XUNTA - ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta