Xornada de portas abertas das Brigantias Roller Derby na Coruña para dar a coñecer o deporte

O encontro terá lugar os días 12 e 19 de xaneiro no polideportivo Monte das Moas, na Coruña.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

As Brigantias Roller Derby da Coruña organizan unha xornada de portas abertas para dar a coñecer este deporte que combina patinaxe e contacto. A entrada é de carácter gratuíto e realizarase unha explicación con demostración desta modalidade, e tamén práctica sobre patíns para as persoas que o desexen. Indican nunha nota de prensa que non é necesario ter coñecementos previos, senón que son unhas xornadas para "aprender desde cero".

O equipo de Roller Derby Brigantias da Coruña e Sereas Bravas de Vigo
O equipo de Roller Derby Brigantias da Coruña e Sereas Bravas de Vigo | Fonte: Brigantias

O encontro terá lugar os días 12 e 19 de xaneiro no polideportivo Monte das Moas entre as 20:00 ás 22:00 horas. O ideal, explican, é asistir con patíns, e será necesario poñerse en contacto con As Brigantias para solicitar o resto do material que sexa necesario. Para máis información e inscrición previa, as persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do correo electrónico uneteasbrigantias@gmail.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta