Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2022 | Actualizada ás 14:45
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou dun fenómeno meteorolóxico adverso por altas temperaturas a partir das 13,00 horas deste venres día 8 de xullo. O aviso amarelo afectará o ámbito xeográfico do Miño en Ourense e ao sur de Pontevedra --contorna do río Miño-- e Rías Baixas, con temperaturas máximas de 36 e 34 graos.
Segundo o aviso, remitido aos concellos afectados pola propia Aemet e que tamén se pode consultar en Meteogalicia, está previsto que finalice ás últimas horas do día. Para o sábado día 9 de xullo, tamén está previsto que se manteña as altas temperaturas e ese aviso amarelo nas mesmas zonas, entre as 15 e as 21 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.