A brigada de mantemento atropelada na AG-56 "estaba ben estacionada e debidamente sinalizada", segundo a Xunta

As mesmas fontes da Xunta indicaron que a brigada realizaba "traballos de supervisión nunha xunta da autovía" e, aseguraron, "estaba ben estacionada e debidamente sinalizada".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2022 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade asegura que a brigada de mantemento que sufriu un atropelo na mañá deste venres na autovía AG-56 "estaba ben estacionada e debidamente sinalizada".

Así o informaron fontes da Xunta a Europa Press, que indican que segundo os datos da Axencia Galega de Infraestruturas, este accidente produciuse na autovía Santiago-Brión, cando un coche que "circulaba a bastante velocidade" arroiou á brigada de mantemento que se atopaba no punto quilométrico 2,800 da AG-56.

As mesmas fontes da Xunta indicaron que a brigada realizaba "traballos de supervisión nunha xunta da autovía" e, aseguraron, "estaba ben estacionada e debidamente sinalizada".

Tras o sinistro foron evacuados tres homes ao Hospital Clínico de Santiago en dúas ambulancias do 061. Por parte da Consellería de Infraestruturas puntualizaron que un dos operarios permanece ingresado.

Obras. CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS
Obras. CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta