Morre un bañista en Muros logo de ser rescatado da auga inconsciente na Praia de Somorto

Segundo indicou o 112 Galicia, sobre as 17,00 horas, unha persoa particular púñase en contacto coa central de emerxencias para solicitar axuda para un home que acababan de rescatar da auga inconsciente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2022 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Un home perdeu a vida este domingo tras ser rescatado da auga inconsciente na Praia de Somorto, no concello coruñés de Muros.

Segundo indicou o 112 Galicia, sobre as 17,00 horas, unha persoa particular púñase en contacto coa central de emerxencias para solicitar axuda para un home que acababan de rescatar da auga inconsciente.

Xa en terra, explica o 112, comezaron a practicarlle as manobras de reanimación e Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou ata o punto a un equipo a bordo do helicóptero medicalizado.

Coa aeronave pousada no mesmo areal, as manobras de reanimación do equipo médico finalizaron sen éxito e nada se puido facer por salvarlle a vida. Ademais dos sanitarios, ata o lugar desprazouse o GES de Muros, a Policía Local e a Garda Civil.

Socorristas - Arquivo
Socorristas - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta