Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/07/2022 | Actualizada ás 19:34
Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron en helicóptero un home con lesións de consideración ao ser alcanzado por un vehículo na estrada que une as localidades de Santa Comba e Muros, á altura do cruzamento de Mámoas, en Mazaricos.
Foi un particular quen, ás 13,00 horas, contactou co Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia para informar o suceso. Solicitaba axuda médica urxente para un home atropelado por un turismo ao sufrir o vehículo unha saída vía. Engadía no seu relato que o condutor tamén precisaría asistencia sanitaria.
Así, desde o 112 Galicia informouse os servizos sanitarios de urxencia que, debido ás lesións provocadas ao peón polo accidente, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar.
Co fin de prestar apoio ao equipo médico e restablecer as condicións de seguridade na vía, os xestores de emerxencias informaron o suceso aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES de Muros, aos voluntarios de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.