Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/07/2022 | Actualizada ás 15:42
O incendio rexistrado no Concello de Ribadavia, que empezou ás 22,11 horas do luns e permanece activo, arrasou xa ao redor de 50 hectáreas, segundo as medicións provisionais das que informou a Consellería de Medio Rural.
No control deste incendio, traballaron un técnico, 12 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, unha unidade técnica de apoio, seis helicópteros e cinco avións.
Este incendio obrigou a cortar a N-120 Vigo-Logroño, ao seu paso pola localidade ourensá, aínda que o tráfico estaba reaberto ao redor das 14,30 horas.
LUME ACTIVO EN MELÓN
Permanece activo no concello ourensán de Melón, na parroquia de Quins, outro incendio forestal que se rexistrou ás 22,30 horas da noite do luns.
Medio Rural mantén que a superficie provisional afectada é dunhas 20 hectáreas; e no seu control participaron cinco axentes, 10 brigadas, 9 motobombas e un helicóptero.
Ademais, rexistrouse un segundo incendio no mesmo lugar, que se orixinou ás 22,38 horas da noite do martes e que permanece activo a esta hora. Segundo as últimas estimacións afecta a unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas.
No seu control, participan 9 axentes, 14 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e tres avións.
PALAS DE REI
O que segue controlado é o lume iniciado ás 21,06 deste martes en Palas de Rei, na parroquia de Cuíña. Quedou controlado ás 2,21 horas desta madrugada.
Este incendio, sostén Medio Rural, empezou en tres focos, o que apunta a que foi intencionado.
As últimas medicións manteñen a superficie afectada en 22 hectáreas; e no seu control participan un técnico, cinco axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 tractor cisterna, dúas pas e un helicóptero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.