Risco extremo de incendios en gran parte de Lugo e Ourense, sur de Pontevedra e interior da Coruña

Zonas costeiras da Coruña, a metade norte de Pontevedra e A Mariña lucense están en risco moderado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/07/2022 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Gran parte das provincias de Lugo e Ourense, así como o sur de Pontevedra e zonas de interior da Coruña atópanse en risco de incendio extremo este venres.

IRDI de Galicia do 15 de xullo de 2022
IRDI de Galicia do 15 de xullo de 2022 | Fonte: Xunta de Galicia.

Así figura no Índice de risco diario de incendio forestal (IRDI), que elabora a Consellería de Medio Rural. Téñense en conta a análise de diversos factores que inflúen no comportamento do lume, tales como condicións de seca, humidade, temperatura e vento.

Con todo as zonas costeiras da Coruña, a metade norte de Pontevedra e A Mariña lucense están en risco moderado de lumes forestais nesta xornada.

Galicia atravesa os efectos dunha onda de calor que obrigou a decretar a alerta vermella en Ourense nos últimos días. O país, canda oito comunidades autónomas, estará este venres en aviso laranxa por risco importante por altas temperaturas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta