O alcalde de Sada pide por carta a Pedro Sánchez e á Xunta accións xa para evitar que se retiren bens de Meirás

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2022 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

O alcalde de Sada, Benito Portela, dirixiu cartas ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez; ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, así como ao secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, instando á adopción de "accións inmediatas" que impidan a retirada de bens mobles por parte do Franco.

No que respecta á Administración Xeral do Estado, ditas accións, segundo recolle nun comunicado, refírense a a interposición ante os Xulgados da Coruña dunha demanda civil reivindicatoria dos bens mobles situados en Meirás, incluíndo a solicitude de medida cautelar impeditiva da retirada mentres dure o proceso xudicial.

Respecto da Xunta, o alcalde de Sada solicita a incoación de expediente de modificación do decreto BIC das Torres de Meirás para incorporar ao mesmo os bens e conxunto de bens que aseguren "a integridade do sitio histórico". Unha incoación que, de así estimalo Xunta e Estado, podería chegar "precedida dun acordo conveniado".

Nos seus escritos, Benito Portela lembra que o auto do Xulgado do pasado 15 de xullo e a correlativa declaración dun conxunto de bens como inmobles e integrantes ou pertenzas do Pazo Torres de Meirás, de maneira que non poden ser retirados pola familia Franco, non inclúe a maior parte dos bens situados en Meirás.

Alude, en concreto, tanto dos bens procedentes da etapa de Emilia Pardo Bazán (transmitidos en 1938), como dos colocados e instalados polo Estado nas Torres de Meirás na etapa da ditadura; elementos e conxuntos que, alerta, "de non remedialo, e de adquirir firmeza do mencionado auto, poderían ser retirados en pouco tempo polos herdeiros do ditador".

Pazo de Meirás / CONTACTO PHOTO - Europa Press. / Europa Press
Pazo de Meirás / CONTACTO PHOTO - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta