Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2022 | Actualizada ás 10:16
Dous accidentes ocorridos nos municipios de Allariz (Ourense) e Vedra (A Coruña) provocaron media ducia de feridos, segundo informa o 112 Galicia.
No tocante ao sinistro en Allariz, ocorreu unha saída de vía na tarde do mércores no lugar do Souto, á altura da parroquia de Augas Santas. Resultaron feridas tres persoas, entre elas unha nena.
En canto ao accidente de Vedra, o 112 Galicia tivo coñecemento dunha colisión entre dous turismos na parroquia de San Pedro de Sarandón. A causa do impacto, resultaron feridas tres persoas.
O sinistro produciuse uns minutos despois das 6,30 horas da pasada madrugada. Foron avisados, entre outros, Garda Civil de Tráfico, GES da Estrada, Protección Civil e Bombeiros de Santiago de Compostela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.