Caras novas na nova temporada de informativos da TVG

Sevi Martínez presentará 'A Revista', Ana Pérez o 'Galicia Noticias' e Antón Galocha substitúe a Carlos Luis Rodríguez como conductor de “Foro Aberto”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/09/2014 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia estrea o luns a nova temporada de informativos. Faino con algúns cambios na presentación de programas, como a volta de Ana Pérez ou Sevi Martínez e a chegada de Antón Galocha, o ex director do Diario de Pontevedra.

Algúns dos presentadores dos espazos informativos da TVG
Algúns dos presentadores dos espazos informativos da TVG

Entre as novidades, a directora do departamento, Pilar Bermúndez, salienta, ademais da incorporación de caras novas, un maior apoio gráfico e un programa novo, 'Contraportada'.

A información esperta co 'Bos días'. Marta Darriba e Francisco López presentan este espazo coa actualidade da xornada e con tempo para o debate. Contra o mediodía, Sevi Martínez presenta 'A Revista'. A información continúa no 'Galicia Noticias', con Ana Pérez, e no 'Telexornal mediodía', con Marga Pazos. No serán, Beatriz Moyano presenta o 'Galicia Noticias' e Carlos Amado un telexornal con máis tempo para a reflexión.

O telexornal de fin de semana estará conducido por Irene Lourido. Antes, 'A Revista', con María Solar. De luns a xoves regresa un 'Foro Aberto' renovado, un espazo para o debate que presentará Antón Galocha. Substitúe a Carlos Luis Rodríguez.

Os deportes seguirán tendo esta tempada un papel destacado nos informativos e tamén cos programas En xogo e A Liga das Cidades. O equipo de Deportes da TVG non só estará co Celta e co Deportivo na liga dás Estrelas e co Lugo na categoría de prata, senón tamén co fútbol de Segunda B e de Terceira.

Ademais, o baloncesto, co papel destacado do Obradoiro, completará unha tempada que a cadea espera que sexa "histórica". Os programas non diarios 'Parlamento', 'Vivir ou Mar', 'O Agro' e 'Reportaxes Locais' completan a oferta de informativos da TVG.

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 cadeliña

Que pinta o mediocre Sevi Martinez presentando un informativo na TVG? fixo acaso as oposicións para ese posto? Non. Para iso fai falta ser licenciado en Xornalismo. Ese rapaz é un enchufado de toda a vida, ó igual ca súa nai que a colocaron coma xefa de programas de Radio Galega cando non ten os estudios mínimos esixidos para tal cargo. A CRTVG é o reino onde triunfan os mediocres e enchufados.

2 Aturuxador

As presentadoras da TVG, entre elas a Marta Darriba e Marga Pazos, representan o facherio máis recalcitrante.

1 eusi

Alguém vê este canal a ponto de desaparecer como o Canal Nou?