A multinacional xaponesa Showa Denko ampliará a súa fábrica na Coruña con dez novos edificios

Por E.P. | A CORUÑA | 03/08/2022 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprobou, na Xunta de Goberno local, o estudo de detalle para a ampliación da multinacional xaponesa Showa Denko na parcela que a fábrica ten no polígono de Agrela "coa ordenación de dez novos volumes de edificación que se engaden ás 34 edificacións xa existentes nese ámbito".

Así o informou a alcaldesa, Inés Rey, nunha rolda de prensa na que cualificado esta ampliación como "unha noticia positiva para a cidade" xa que se trata dunha empresa "solvente" con emprego "de calidade" e cunha produción que "cada ano vai aumentado" o que vai implicar "máis postos de traballo".

Por outra banda, na Xunta de Goberno aprobouse a solicitude ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo dunha subvención para levar a cabo un plan de mellora, dixitalización e impulso comercial do Mercado de San Agustín. Esta iniciativa contaría cun orzamento de máis dun millón de euros; dos cales, o 80% sería sufragado polo Ministerio e o 20% restante, polo Concello.

OUTROS ASUNTOS

A alcaldesa confirmou ademais que o Goberno municipal solicitou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana axudas para reducir nun 30% o prezo do transporte urbano. As subvencións ás que opta o Concello permitirán aplicar esta rebaixa do 1 de setembro deste ano ata o 31 de xullo de 2023.

Doutra banda, a Xunta de Goberno local adxudicou a reurbanización e humanización da travesía Santiago Rey Fernández-Latorre, en Catro Camiños; e a ampliación do proxecto de cálea Alcalde Marchesi.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, en rolda de prensa tras a Xunta de Goberno local. ANDY PÉREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, en rolda de prensa tras a Xunta de Goberno local. ANDY PÉREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta