Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2022 | Actualizada ás 15:57
Unha vixiante da Confraría de pescadores da Coruña denunciou este luns unha agresión sufrida o pasado sábado por parte duns percebeiros furtivos na zona das Lagoas, no paseo marítimo da cidade herculina. Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación que informaron de que "hai unha persoa identificada e localizada como autora deste feito".
"O Xulgado de Garda xa ten coñecemento do ocorrido", engadiron. Segundo detallaron estas fontes, a gardapesca agredida "xa tiña unha agresión previa" nun brazo e no transcurso do altercado agravouse a lesión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.