Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2022 | Actualizada ás 14:15
A Xunta, a través do plan centralizado que leva a cabo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), informou de que durante o primeiro semestre deste ano retirou 2.238 niños de velutina.
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou este venres no municipio coruñés de Bergondo as instalacións da empresa pública Seaga para coñecer o operativo para o control da velutina.
Nun comunicado, a Xunta destacou que a provincia que maior número de niños de velutinas eliminados foi A Coruña, cun total de 1.032. Seguidamente atópase a provincia de Pontevedra cun total retirado de 913 niños, Lugo con 182 e en Ourense, 111.
En concreto, Seaga recibiu máis de 6.200 avisos neste primeiro semestre, o que supuxo unha media de 34 notificacións ao día. Cabe destacar que o 80% destas alarmas procederon da provincia da Coruña e Pontevedra.
ACTUACIÓN EN GALICIA
Á eliminación completa dos niños sumáronse 3.263 que estaban inactivos; 553 casos nos que non puideron actuar por tratarse doutras especies e 64 foron avisos duplicados doutros cidadáns. Finalmente, desde a Xunta sinalaron que este é o terceiro ano no que esta medida está en vigor e xa se sumaron 306 concellos de toda a autonomía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.