Ferido un menor ao ser alcanzado por un raio na praia de Vilarrube, en Valdoviño

os servizos sanitarios reanimaron ao menor e trasladárono "estable e con pulso" ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2022 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

Un menor resultou ferido este martes tras ser alcanzado por un raio na praia de Vilarrube, no municipio coruñés de Valdoviño.

Segundo trasladou o 112 Galicia, minutos despois das 12,00 horas, varias persoas particulares que se atopaban no areal contactaron coa central de emerxencias para pedir axuda para un neno que ao parecer fora alcanzado por un raio e quedara inconsciente.

Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ata o lugar a un helicóptero medicalizado.

Xa no punto, os servizos sanitarios reanimaron ao menor e trasladárono "estable e con pulso" ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. No operativo de emerxencias tamén participou a Garda Civil e a Policía Local.

Raio nunha treboada. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo
Raio nunha treboada. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta