Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/08/2022 | Actualizada ás 17:48
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou que o Executivo apoiará a procura, identificación e dignificación de persoas desaparecidas durante a Guerra Civil e a ditadura nas fosas comúns situadas no lugar de Vilacova, concello de Lousame (A Coruña), así como nos concellos da Capela (A Coruña) e Celanova (Ourense).
A Delegación do Goberno sinalou que a achega para estas tarefas foi de máis de 104.000 euros para a Xunta de Galicia de cara a estas tarefas.
Miñones destacou que esta achega "reflicte o compromiso do Goberno coa reparación da memoria das vítimas do franquismo" e engade que é a "primeira vez que un goberno habilita axudas directas ás comunidades autónomas para levar a cabo estes traballos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.