Tal e como informou o 112 Galicia, a información recibida a través dos sistemas de seguimento sinala un crecemento significativo do seu caudal, o que pode dar lugar a desbordamentos puntuais no seu curso.
  comenta   0
O estudo expón as fusións, simuladas desde o punto de vista económico, de Santiago e Teo, Noia e Lousame, Sanxenxo e Meaño, Alfoz e O Valadouro, O Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín.
  comenta   1
Por número de incidencias detectadas nos últimos cinco anos serían O Pereiro, na Mezquita; Cures, en Boiro; e O Tameirón, na Gudiña. Por número de hectáreas arrasadas na última década serían Camba, en Laza; A Xironda, en Cualedro; e Mourentán, en Arbo.
  comenta   0
Unha borrasca no oeste deixa choivas xeneralizadas nas horas centrais deste luns, con intensidade puntualmente fortes. Esta situación de inestabilidade continuará polo menos ata o xoves, segundo a información de Meteogalicia.
  comenta   0
Instan á Xunta a continuar a tramitación do expediente de caducidade das concesións e a requirir a restauración ambiental.
  comenta   0
Detecta niveis de metais superiores ao límite permitido na auga. Ecoloxistas en Acción alertan do risco de abandono e fuga da empresa, "en mans de homes de palla peruanos", e esixen unha caución de 10 millóns de euros
  comenta   0
O accidente produciuse ás 17,10 horas deste luns no quilómetro 2 da estrada DP-1105, na parroquia de Tállara.
  comenta   0
A Xunta multa á mineira con 180.000 euros. Ecoloxistas e activistas piden o pagamento do canon do control de verteduras.
  comenta   0
Integrantes de Ecoloxistas en Acción e mariscadoras ocupan as instalacións da mineira en protesta polos vertidos con metais pesados. A Xunta manda un requerimento á empresa para a execución dunha depuradora para o tratamento das augas residuais industriais.
  comenta   0
Néstor Rego, despois de reunirse coa Plataforma “Non á balsa Cornanda-Tambre”, rexistra iniciativas no Congreso para que o Goberno do Estado rexeite esta instalación.
  comenta   0
O plan do equipo enfócase á fosa de Santa María de Pradocabalos (Viana do Bolo) e aos cemiterios de San Salvador de Trasanquelos (Oza-Cesuras) e de Santa María do Val (Narón).
  comenta   0
Di que lle retirará a autorización se non axusta as verteduras nun mes. As organizacións da Plataforma comarcal contra as verteduras da mina mostráronse "indignadas" ante o anuncio, posto que levan sete anos solicitando medidas sancionadoras que non se implementaron.
  comenta   0
A Plataforma comarcal en contra das verteduras da mina de San Finx esixe á Xunta que inicie os "correspondentes expedientes sancionadores por verteduras ilegais e retire á empresa mineira a autorización de verteduras concedida ilegalmente no pasado mes de febreiro, por vulneración do condicionado".
  comenta   0
As outras catro temperaturas máis elevadas de Galicia este martes tamén foron na provincia de Ourense, a máis afectada pola alerta de calor. En concreto, chegouse aos 41,9 graos en Larouco, aos 41,8 graos na cidade de Ourense, a 41,7 graos en Leiro e a 41 na unidade medidora da estación de Ourense.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción denuncia á Directora Xeral de Desenvolvemento Rural ao executar as obras da mineira como parte dun contrato público de reparación dunha estrada local. Medio Rural di que esas obras non as executa a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
  comenta   0
A alcaldesa ten como obxectivo dar "continuidade" aos proxectos en marcha despois de catro anos marcados pola pandemia.
  comenta   0
A denuncia presentada incorporaba analíticas coas que se busca demostrar a presenza no río de metais pesados "procedentes de verteduras ilegais realizados pola mineira".
  comenta   0
O BNG denunciou o "espolio enerxético" que, ao seu xuízo, sofre Galicia e insistiu en pedir unha tarifa eléctrica para a Comunidade que beneficie a familias e empresas.
  comenta   0