O Sergas nomea aos novos directores do distrito de Valdeorras e de Atención Primaria da área de Vigo

O DOG publica a designación de tres xefes de Atención Primaria na área de Santiago: Padrón, Lousame e Arzúa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2023 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores varios nomeamentos por libre designación no Servizo Galego de Saúde (Sergas). Entre eles, o de Alberto Pedrera Fidalgo como novo director do distrito sanitario do Barco de Valdeorras (Ourense) e o de Roberto Devesa González como xefe de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo.

Ambos substituirán ás anteriores responsables destas áreas, Margarita Rodríguez (Valdeorras) e Reyes Díaz (Vigo), que renunciaran o pasado mes de febreiro tras anos no cargo. Por mor destas dimisións, iniciáronse senllas convocatorias públicas para cubrir os postos e este mércores publicáronse as respectivas ordes asinadas polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Así mesmo, o DOG recolle o nomeamento, por libre designación, de Álvaro Mena de Cea como novo subdirector de Hospitalización e Urxencias da área sanitaria da Coruña-Cee. Noutra orde de cousas, o Diario Oficial de Galicia tamén publicou tres nomeamentos de xefes de unidades de Atención Primaria na área sanitaria de Santiago-Barbanza. En concreto, en Lousame (José Rubén Branco), Arzúa (Sonia Arias) e Padrón (José Luís López).

Tamén convoca para a posterior cobertura por libre designación de dúas prazas de xefe de Atención Primaria en Melide e en Rianxo.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde  (Sergas)
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta