Lousame afoga este luns con máis de 40 litros por metro cadrado de choiva

Unha borrasca no oeste deixa choivas xeneralizadas nas horas centrais deste luns, con intensidade puntualmente fortes. Esta situación de inestabilidade continuará polo menos ata o xoves, segundo a información de Meteogalicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2024 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O municipio de Lousame, na estación meteorolóxica de Muralla, rexistra as maiores choivas desta xornada de aviso amarelo por precipitacións, con 41,7 litros por metro cadrado. Unha borrasca no oeste deixa choivas xeneralizadas nas horas centrais deste luns, con intensidade puntualmente fortes. Esta situación de inestabilidade continuará polo menos ata o xoves, segundo a información de Meteogalicia.

Tras Lousame, as estacións de Cuntis, con 37,4 litros por metro cadrado, e Poio, con 35,1 litros por metro cadrado, anótanse as precipitacións máis elevadas do día. Xa para este martes, Meteogalicia activa un aviso amarelo por treboadas localmente fortes na provincia de Lugo. Será entre as 15.00 horas e a medianoite.

Choiva en Santiago
Choiva en Santiago | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta