Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2022 | Actualizada ás 13:34
Un total de 12 voos con destino ou saída do aeroporto de Santiago de Compostela sufriron atrasos este mércores pola folga de tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) da compañía Ryanair, segundo informou o sindicato USO.
En concreto, ata as 19,00 horas, seis voos con chegada a Lavacolla e outro seis que partían do aeródromo compostelán foron atrasados a consecuencia dos paros. Con todo, ningún avión con procedencia ou destino Galicia foi cancelado.
A nivel estatal, rexistráronse seis cancelacións, afectando todas elas ao aeroporto do Prat en Barcelona, así como 160 atrasos.
USO e Sitcpla, sindicatos que representan a tripulantes de cabina de Ryanair, convocaron unha folga na aerolínea desde este 8 de agosto e ata o 7 de xaneiro de 2023, ambos os incluídos.
A nova folga consta de xornadas de paros de 24 horas todas as semanas de luns a xoves. Os sindicatos sinalaron que Ryanair non mostrou "o máis mínimo intento de achegamento" con eles, senón que manifestou publicamente a súa negativa a establecer calquera diálogo cos representantes elixidos polos seus tripulantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.