Ferrolterra acollerá a cuarta proba da Copa de España de Rallys de Asfalto

Será do venres 19 ao sábado 20 de agosto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2022 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

O Rally de Ferrol celebrarase o venres 19 e o sábado 20 de agosto e enmárcase na cuarta proba da Copa de España de Rallys de Asfalto (CERA). O percorrido é de 378 quilómetros e pasa por paisaxes e lugares emblemáticos dos concellos de Ferrol, Monfero, Irixoa, As Somozas e San Sadurniño.

A inauguración tivo lugar na mañá deste xoves no municipio coruñés e participaron o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

Nun comunicado, a Xunta estableceu que esta proba é organizada pola Escuadra Automobilística Ferrol e o percorrido é dun total de 378 quilómetros, dos que 117 correspóndense a tramos cronometrados.

A última edición do Rallye Rías Baixas.
A última edición do Rallye Rías Baixas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta