As últimas rutas de 'Bosques Terapéuticos' pola provincia de Pontevedra esgotan as súas prazas en cuestión de horas

Unhas 200 persoas poderán gozar do percorrido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

As prazas para as últimas rutas de 'Bosques Terapéuticos', que oferta a Deputación de Pontevedra, xa están esgotadas. Haberá oito percorridos con 200 prazas, que se terminaron en horas e con centos de persoas en lista de espera. Nun comunicado, a Deputación sinalou que este ano é o que maior número de peticións está a recibir. Con motivo da alta demanda, o ente provincial decidiu dobrar as prazas previstas inicialmente para cada un dos percorridos.

As rutas de setembro empezarán o 3 de setembro, sábado, nos Salóns do Lérez e continuarán ao día seguinte, o domingo 4, na Ruta da Pedra e da Auga de Meis. O 10 de setembro, sábado, pasearán pola Senda do Almofrei (Cerdedo-Cotobade) e a data para o río Eifonso no espazo natural de Bembrive será o domingo, 11 de setembro.

Tamén a Illa de Tambo acollerá outro percorrido 17 de setembro, sábado, mentres que o 18 dese mesmo mes, domingo, desenvolverase no Parque Natural de Carreirón. As últimas paradas serán o 24 de setembro, sábado, na ponte colgante do río Lérez --nos concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade-- e pechará o día 25, domingo, cunha segunda ruta no río Eifonso.

Os bosques de Montirón (Guido Álvarez Parga)
Os bosques de Montirón (Guido Álvarez Parga)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta