(Vídeo) Así é a peregrinación de Macarena Olona cos seguidores de Vox en Galicia

A ex lider de Vox estivo acompañada no seu primeiro día por varios simpatizantes e xornalistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/08/2022 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A exdeputada de Vox Macarena Olona xa está de peregrinación cara a Santiago. Comezou este luns en Sarria e o fixo acompañada por numerosos simpatizantes e xornalistas cos que se amosou moi cercana.

A ex portavoz de Vox en Andalucía Macarena Olona (c) comeza o Camiño de Santiago
A ex portavoz de Vox en Andalucía Macarena Olona (c) comeza o Camiño de Santiago | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Olona, que abandonou os seus cargos a finais de xullo ao alegar motivos de saúde ao sufrir un problema de tiroides que lle provocaba desmaios, fíxolle perder peso e impedíalle facer vida normal.

Pero agora asegura atoparse ben, con forzas, e por iso comezou o Camiño de Santiago, en cumprimento dunha promesa que fixo cando viaxou na primavera a Panamá polo falecemento do seu pai. Trátase dun percorrido de máis cen quilómetros en cinco etapas que concluirá o 2 de setembro e que está facendo rodeada de simpatizantes.

COS SEUS SEGUIDORES

É máis, a exdiputada de Vox convidou os seus simpatizantes a acompañala neste percorrido, e en redes sociais incluso se mostraba disposta a correr cos gastos: "A todos os que queirades percorrelo, será un pracer que o fagamos xuntos. Eu fareime cargo do gasto se a dificultade para non facelo é económica", publicou en Instagram.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

e lo non haberá unha avioneta desas de fumigar..?