Un home irá catro anos á cárcere ao ter e difundir "máis de 1.800 arquivos" de pornografía infantil

A Fiscalía pedía sete anos de prisión e catro anos de liberdade vixiada sen contacto regular e directo con menores. Con todo, chegou a un acordo coa defensa do home para unha rebaixa da pena.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2022 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Un veciño de Narón acusado dun delito de difusión de material pornográfico infantil aceptou catro anos de prisión, no xuízo fixado para este mércores na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña. Fíxoo tras un acordo entre Fiscalía e a defensa ao recoñecer os feitos o procesado e acordarse unha rebaixa da pena, que o home aceptou.

Segundo a acusación, entre marzo e setembro de 2016 descubríronselle no seu poder "máis de 1.800 arquivos de imaxe e vídeo de menores de 16 anos en actitudes inequivocamente sexuais" que compartía con outros usuarios a través de internet.

Inicialmente, a Fiscalía, na súa cualificación dos feitos, pedía sete anos de prisión e catro anos de liberdade vixiada sen contacto regular e directo con menores. Con todo, chegou a un acordo coa defensa do home para unha rebaixa da pena a catro anos de cárcere ao incluír a circunstancia atenuante de dilacións indebidas, aínda que mantén o catro anos de liberdade vixiada.

Un detido na provincia de Lugo en operativo contra pornografía infantil.
Un detido na provincia de Lugo en operativo contra pornografía infantil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta