Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 13:44
Un home faleceu este xoves no municipio coruñés de Aranga tras sufrir un accidente co seu tractor. O vehículo envorcou e caeu por un desnivel no lugar de Mende.
Segundo informa o 112, sobre as 11,00 horas recibiron o aviso do 061 que, ao chegar ao lugar, atoparon o tractor envorcado nunha leira. Aínda que o acceso ao condutor era posible, --non se utilizaron os recursos de excarceración-- comprobaron que a persoa estaba xa falecida.
Igualmente pediuse a colaboración dos Bombeiros de Betanzos, así como dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES de Curtis.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.