Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2022 | Actualizada ás 18:59
Red Acampa e a Universidade da Coruña están colaborando en cartografar os discursos de odio y o seu impacto. Esa é a iniciativa que comeza hoxe a rodar, ca presentación do Movemento Acampa aos máis de sesenta alumnos e alumnas da UdC –de terceiro curso do grao de Educación Social- que participarán no mapeo do odio na Coruña. Este traballo estará dirixido pola profesora Laura Cruz, da Facultade de Ciencias da Educación e no que colaborará tamén a docente María Barba. O Encontro Internacional Acampa pola Paz 2023, que alcanzará en esa data a súa sétima edición, estará centrado nun binomio do máis actual: “Odio ou convivencia”. Polo tanto, coñecerán a realidade dos discursos de odio e cartografarán o seu impacto nos corpos de futuras e futuros profesionais da educación social e de persoas en situación de vulnerabilidade.
Os resultados deste traballo sobre o odio se darán a coñecer nun Encontro Acampa na Universidade coruñesa, que terá lugar, previsiblemente, un mes antes do inicio do VII Encontro Internacional Acampa pola Paz que volverá, un ano más, aos Xardíns de Méndez Núñez.
“Vemos como os Estados Fortaleza atrincheiranse detrás dunhas fronteiras cada vez máis infranqueables alimentando o odio e multiplicando o rexeitamento aos que chegan ás súas costas ou tentan atravesar os seus países; volvemos invisibles aos máis vulnerables, os despersonalizamos. Permitimos que a ultradereita, coas súas mensaxes xenófobas, teña voz e estenda a súa mancha. Permanecemos impasibles ao crecemento do odio”, explicou Xosé Abad, coordinador de Rede Acampa. “Por iso é máis que oportuno reflexionar sobre esta dicotomía, ter claro de que lado hai que estar e estalo dunha forma militante”, concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.