Por E.P. | A CORUÑA | 03/10/2022 | Actualizada ás 18:47
O Festival Internacional 'Outono de Teatro' de Carballo (FIOT) renderá homenaxe esta semana ao dúo cómico 'Mofa e Befa', conformado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. Serán os protagonistas da estrea de 'Pirolíticos', a nova coprodución de FIOT e Producións Teatrais Excéntricas, presentada este luns no Palacio de Cultura de Carballo.
Na presentación, o director do certame Alberto Sueiro destacou a importancia da colaboración con 'Mofa e Befa', á vez que informou da programación de actividades vinculada á celebración do 30 aniversario do dúo, como a inauguración dunha exposición o xoves, día 6.
En canto a 'Pirolíticos', na presentación, destacouse a participación de tres mulleres na dirección e no texto: Clara Gayo, María Lado e Lucía Aldao. Fano nunha obra que reflexiona sobre o impacto do patriarcado nos homes.
"Para nós foi un desafío como autoras falar do feminismo con dous homes como protagonistas", sinalou a directora, Clara Gayo, sobre unha obra que revisa as "actitudes machistas, micro e macromachistas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.