Por E.P. | VIGO | 05/10/2022 | Actualizada ás 10:22
Efectivos de Gardacostas de Galicia levaron a cabo nas últimas horas o rescate en helicóptero de dous tripulantes, de senllas embarcacións, un deles cunha lesión nunha perna.
Segundo informaron fontes do CIAE 112-Galicia, sobre as 5,30 horas da pasada madrugada, Gardacostas trasladou un aviso a Emerxencias e mobilizou o helicóptero 'Pesca I' para evacuar a un ferido dun barco pesqueiro.
A embarcación navegaba entre as illas Cíes e Ons e un dos seus tripulantes resultara lesionado nunha perna, polo que se activou o protocolo de evacuación. Por outra banda, pouco antes das 9,00 horas deste mércores, Gardacostas volveu alertar ao 112, neste caso para a evacuación do único tripulante dun veleiro que se atopaba a unhas 70 millas de Cabo Ortegal, en Cariño.
O 112 explicou que, nese caso, foi mobilizado o helicóptero 'Pesca II' e que, segundo os datos de Salvamento Marítimo, o veleiro quedou sen enerxía, o que impedía o seu goberno. Precisamente, a alerta foi activada tras unha petición de Salvamento Marítimo de Francia, que solicitaba a intervención de medios galegos pola maior proximidade á zona onde estaba a nave.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.