O Concello de Sada tamén se une á demanda do Estado pola titularidade de numerosos bens do Pazo de Meirás

Na demanda interposta polo Estado solicítase a medida cautelar para impedir a retirada destes bens polos herdeiros do ditador, unha medida que se dirimirá nunha vista o próximo 21 de outubro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O Concello de Sada, a través da súa representación letrada, hase personado nos xulgados de Madrid como parte coadyuvante en apoio á demanda do Estado pola titularidade de 564 bens do Pazo de Meirás.

A petición foi presentada no xulgado de primeira instancia nº70 de Madrid, que leva o caso, alegando que o concello é parte interesada e ostenta as competencias "en materia de urbanismo, protección do patrimonio cultural e turismo".

Se esta personación é aceptada, o consistorio "apoiará en todo o proceso as pretensións da demanda interposta o pasado día 21 de setembro polo Estado e Patrimonio Nacional respecto da consideración de bens de dominio público e patrimonio público tanto dos bens procedentes da etapa de Pardo Bazán (transmitidos en 1938) como dos instalados polo Estado na etapa da ditadura 1938-1975", dado que o Pazo estivo "ao servizo" da xefatura do Estado.

Na demanda interposta polo Estado solicítase a medida cautelar para impedir a retirada destes bens polos herdeiros do ditador, unha medida que se dirimirá nunha vista o próximo 21 de outubro.

O alcalde de Sada, Benito Portela, aplaudiu a decisión do estado de interpor esta querela á que se adhire o Concello e instou a outras administracións "a facer o propio", en especial a Xunta de Galicia.

A maiores, reclamou ao Goberno galego que "mova ficha e e incoe o expediente de modificación de Ben de Interese Cultural do Pazo de Meirás", para outorgarlles ao conxunto de bens mobles a tutela BIC.

O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado / M.Dylan - Europa Press.    / Europa Press
O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado / M.Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta