Piden que os profesionais de atención primaria participen nas comisións e comités clínicos do Sergas

O Parlamento aprobou unha iniciativa para que "o médico de familia siga en todo o proceso ao seu paciente"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2022 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa que pide actualizar o decreto 97/2001, do 22 de marzo, de maneira que se garanta a participación de representantes de atención primaria en todas as comisións e comités clínicos das áreas sanitarias.

A proposta, a iniciativa do PPdeG e que contou co respaldo dos outros grupos, inclúe garantir a participación dos médicos de atención primaria naquelas comisións, como poden ser a comisión de tumores, a comisión de dor, a de paliativos ou a de infeccións e facilitar a participación nos comités clínicos en que se estudan os casos concretos dos pacientes de cada profesional para que poidan participar na toma de decisións e achegar información.

A encargada de defender a iniciativa foi a deputada popular Encarna Amigo, quen sinalou que as comisións e comités clínicos existentes nas áreas sanitarias teñen de seu un carácter multidisciplinar e coa creación das áreas sanitarias, permitiron un traballo "máis especializado de estudo de cada caso concreto, cun carácter multinivel e transversal entre o ámbito hospitalario e a atención primaria".

"A Consellería de Sanidade leva tempo dándolle un papel máis preponderante aos profesionais de atención primaria, outorgándolles máis competencias e permitindo o acceso a maiores recursos", sinalou Amigo, quen apuntou que, desta maneira, consideran oportuno que os órganos superiores do Sergas, como son as comisións e comités clínicos, "garantir a súa participación".

Para a parlamentaria popular trátase de, en definitiva, "que o médico de familia siga en todo o proceso ao seu paciente" e que se poña en antecedentes ao resto do comité e sexa partícipe na toma de decisións dos tratamentos.

A deputada do PPdeG Encarna Amigo, na comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia. PPDEG
A deputada do PPdeG Encarna Amigo, na comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta