Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/10/2022 | Actualizada ás 15:43
A Xunta creará 24 prazas de funcionarios de Administración de Xustiza para dotar do persoal necesario os tres novos xulgados que se porán en marcha o próximo ano. Así o trasladou o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, durante a Comisión Mixta de Xustiza, na que participou co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde.
Trátase dos xulgados de Primeira Instancia número 6 de Lugo, número 15 da Coruña e número 16 de Vigo que o Ministerio de Xustiza incluirá no proxecto de real decreto de creación de unidades xudiciais.
Os tres forman parte da proposta presentada en consenso pola Xunta e o TSXG nunha reunión anterior desta Comisión Mixta. Nesa relación presentada ao Executivo central tamén figuraban dous maxistrados da sección penal -un na Audiencia Provincial da Coruña e outro na de Pontevedra- "que deben ser creadas polo Goberno central e que están pendentes de que se confirme formarán parte da programación", explica a Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.