Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 16/10/2022 | Actualizada ás 14:59
Un mozo de 23 anos perdeu a vida e outras tres resultaron feridas este domingo tras saírse da vía o vehículo no que circulaban na estrada que une Camboa e Acevedo, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, no límite co concello de Soutomaior.
Segundo trasladou o 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 11,30 horas. Cando tivo coñecemento dos feitos, a central de emerxencias alertou aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e a voluntarios de Protección Civil.
Xa no punto, os servizos de emerxencias tan só puideron confirmar o falecemento dunha das persoas ocupantes do vehículo. Mentres, os outros tres feridos foron trasladados ao centro hospitalario de referencia.
O condutor do vehículo que sufriu a saída de vía foi detido tras dar positivo en alcol e drogas. Segundo confirmaron fontes da Garda Civil a Europa Press, o condutor está acusado dun delito de homicidio por imprudencia e condución temeraria. Está previsto que este luns pase a disposición xudicial.
No vehículo viaxaban catro persoas e, un deles, un mozo de 23 anos de Redondela que ía na parte de atrás do turismo, faleceu no acto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.