Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2022 | Actualizada ás 10:22
Á primeira hora da mañá deste luns renováronse as tarefas de procura do home de 76 anos que permanece desaparecido desde o sábado na parroquia de Berdillo, no municipio coruñés de Carballo.
Tras suspenderse durante a madrugada, efectivos de Garda Civil, Protección Civil e Policía Local, acompañados de veciños da zona, peitean a zona de novo para tratar de dar co paradoiro de Luciano Bonometti.
Os drones da Axencia Galega de Emerxencias incorporáronse na mañá deste luns ás tarefas de busca.
Segundo trasladou SOS Desaparecidos, o desaparecido padece alzheimer, polo que sinalan que pode atoparse desorientado. Mide 1,65, ten o pelo canoso e os ollos marróns. No momento da desaparición vestía vaqueiros, chaqueta negra, paraugas de cadros vermellos e portaba máscara.
O operativo está coordinado pola Garda Civil, que despregou na zona o seu helicóptero e o servizo de cans de procura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.