Por Europa Press / Redacción | Vigo | 21/10/2022 | Actualizada ás 13:42
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, anunciou que o Goberno ampliou a 880 millóns de euros as axudas públicas a repartir no marco do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica do Vehículo Eléctrico e Conectado (Perte VEC), o que supón aumentar en case 300 millóns de euros os fondos adxudicados na resolución provisional.
No marco da reunión da Alianza do Perte para a Industria Naval en Vigo, Maroto sinalou que de forma inminente darase a coñecer a resolución definitiva das axudas do Perte VEC, aínda que adiantou que se incrementou a repartición a 880 millóns, o que representa o 29,5% do orzamento do programa, que ascende a 2.975 millóns de euros e que na publicación provisional supuña preto do 20%.
Ademais, a titular da carteira de Industria, Comercio e Turismo avanzou que no primeiro trimestre do ano que vén lanzarase unha segunda convocatoria do Perte VEC, xa que na primeira edición non se esgotarán os fondos inicialmente previstos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.