Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2022 | Actualizada ás 15:22
Os bingos poderán pagar menos impostos en 2023 se manteñen o emprego, de acordo cunha modificación que introduce a Xunta a través da lei de acompañamento aos orzamentos para 2023.
En concreto, mediante esta norma, o Goberno galego introduce un cambio para as modalidades do xogo do bingo diferentes ao bingo electrónico (este último seguirá cun tipo de gravame do 30%).
Ata agora, ás modalidades do xogo do bingo diferentes ao electrónico se lles aplicaba un tipo do 50%, pero "o suxeito pasivo poderá aplicar un tipo de gravame do 30% en cada período impositivo no que mantivese o emprego con respecto ao período impositivo inmediato anterior".
O texto explica que se entenderá que o suxeito pasivo mantén o emprego cando o persoal medio relativa ao período impositivo en que se aplique o tipo "bonificado" non sexa inferior á correspondente ao ano inmediato anterior.
Advirte, iso si, de que "o incumprimento do mantemento do emprego leva á perda do dereito a aplicar o tipo de gravame do 30%".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.