A Torre de Hércules entra a formar parte da Alianza de Paisaxes Culturais do Patrimonio Mundial

A Asemblea Xeral aprobou en Mallorca a súa inclusión.

Por E.P. | A Coruña | 21/10/2022 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A Asemblea Xeral da Alianza de Paisaxes Culturais e Lugares Afíns do Patrimonio Mundial aprobou en Mallorca a inclusión da Torre de Hércules como novo membro.

Torre de Hércules
Torre de Hércules | Fonte: Concello da Coruña.

A entidade, que reúne aqueles bens declarados Patrimonio Mundial dentro das categorías das paisaxes e os sitios ou monumentos, ten como obxectivo servir de lazo entre as paisaxes e os sitios para compartir experiencias, buscar solucións a diversas problemáticas comúns, formar aos seus técnicos en materias específicas e obter recursos para desenvolver actividades conxuntas.

A súa inclusión na Alianza permitirá ao monumento coruñés participar de forma conxunta en feiras nacionais e internacionais, buscar financiamento para proxectos comúns, difundir as súas actividades entre o resto de socios e realizar xornadas técnicas para abordar retos, oportunidades e análises de problemáticas comúns.

Tamén forman parte da Alianza: Paisaxe cultural de Aranxuez, Eivissa - Biodiversidade e cultura, a Paisaxe cultural da Serra da Tramuntana, a cidade de Sintra, o Palmeral de Elxe, a Alhambra e o Xeneralife e a paisaxe cultural das Medulas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta