Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/11/2022 | Actualizada ás 10:11
Unha persoa morreu na tarde deste mércores ao ser atropelada por un vehículo no municipio coruñés de Vilasantar, segundo informou 112 Galicia.
A persoa perdeu a vida no punto quilométrico 29 da AC-840. Ata o lugar desprazáronse equipos de sanitarios que tentaron salvarlle a vida aínda que sen éxito.
Así mesmo, Bombeiros de Arzúa, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Curtis, GES, desprazáronse ao lugar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.