Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/11/2022 | Actualizada ás 13:11
Veciños que participaban no operativo de procura atoparon con vida a 'Delfín', o octoxenario que levaba desaparecido desde o sábado en Vilar de Barrio (Ourense), nun lugar próximo á súa vivenda, no lugar de Porto.
Segundo confirman a Europa Press fontes da Garda Civil, foi achado pasadas as 12,00 deste luns e foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para a súa valoración.
A voz de alarma pola desapación déraa o sábado ao mediodía un dos familiares do octoxenario, veciño do lugar de Porto. Desde entón, activouse un amplísimo operativo con membros do Instituto Armado, de Protección Civil e veciños, entre outros.
Estaba prevista a saída dun helicóptero da Garda Civil en función das condicións climatolóxicas, aínda que finalmente non fixo falta o seu emprego. Tamén se mobilizaron patrullas con cans do Servizo Cinolóxico e un dos cans chegara a apuntar ao río Arnoia como posible paradoiro do ancián.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.