Por Europa Press / Redacción | Ourense | 12/11/2022 | Actualizada ás 18:40
Un voluntario que formaba parte dos equipos profesionais e cidadáns para buscar ao ancián da Rúa (Ourense) desaparecido desde o mércores atopou o home, de 81 anos, mergullado no arroio Das Eiras, en San Xulián, a 200 metros do seu domicilio.
Os equipos de emerxencias aínda tardaron algún tempo en recuperar o corpo sen vida deste home, que foi localizado cando se cumpren catro días da súa desaparición.
Na xornada do venres ampliárase o radio das batidas ante o infrutuoso dos resultados, que se centraron na zona da súa vivenda, situada no lugar de San Xulián.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.